Sin categorizar – Nortear

Nortear converteuse nunha plataforma de lanzamento para as promesas literarias de Galicia e do Norte de Portugal
A mocidade escritora da Eurorrexión pode concursar cos seus relatos curtos na 9ª edición do Premio Nortear, ata o 30 de xuño. É unha iniciativa conxunta da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e da Direção Regional de Cultura do Norte de Portugal. Ten unha dotación financeira de 3.000 €. Ademais, a obra vencedora publicarase en galego e portugués. A última vencedora foi Marta Pais de Oliveira co conto en prosa “Medula”.

Os mozos da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, entre os 16 e os 36 anos, que teñan escrito unha obra orixinal en portugués ou en galego, de cinco mil a oito mil palabras, están a tempo de concorrer á 9ª edición do premio Nortear de relato curto, que conta cunha dotación financeira de 3.000 euros e, ademais, a publicación da obra tanto en portugués como en galego.

Esta edición está aberta ata o vindeiro 30 de xuño, para recibir candidaturas procedentes de Galicia e do Norte de Portugal.

O premio, que é unha iniciativa conxunta da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e da Direção Regional de Cultura do Norte de Portugal, converteuse nunha autentica plataforma de lanzamento para a mocidade escritora da Eurorrexión, ao distinguir anualmente obras literarias orixinais, incentivar a creatividade literaria entre os mozos residentes en Galicia e no Norte de Portugal e promover a distribución de obras literarias alén fronteiras.

Nortear conta con 8 edicións de éxito e ten 330 obras presentadas a concurso, por mozos entre os 16 e 36 anos dos dous territorios.

Este premio literario é un exemplo destacado de espazo cultural único e compartido na Eurorrexión.

Poden presentarse tódalas persoas con plena capacidade xurídica de entre 16 e 36 anos, nadas e/ou residentes na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con obras orixinais e inéditas, escritas en lingua portuguesa -segundo o novo acordo ortográfico- e en lingua galega -segundo a normativa ortográfica vixente publicada pola Real Academia Galega-, no xénero do relato curto, e terá unha dotación económica de tres mil euros (3.000 €) para o vencedor, e a publicación da obra.

A web da Plataforma Nortear: https://nortear.gnpaect.eu/ recibirá todas as candidaturas ata o próximo 30 de xuño.

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Direção Regional de Cultura do Norte de Portugal colaboran de forma continuada, promovendo distintas actividades co obxectivo do coñecemento mutuo da cultura, a literatura e a creación artística en xeral, en ambos os territorios.

Os oito gañadores das anteriores edicións do premio Nortear foron: Lara Dopazo Ruibal, Rui Cerqueira Coello, Cecília Santomé, Sara Brandão, Sabela Varela, Célia Fraga, Pedro Rodríguez Villar e Marta Pais de Oliveira.

O proxecto Nortear é un polo cultural de referencia en Europa no ámbito da cooperación transfronteiriza. Está cofinanciado polo Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal (POCTEP)

7ª EDICIÓN DO PREMIO LITERARIO NORTEAR PARA A MOCIDADE ESCRITORA DE GALICIA E DO NORTE DE PORTUGAL
46 OBRAS A CONCURSO. O GAÑADOR SERÁ ANUNCIADO NO ÚLTIMO TRIMESTRE DO ANO

Un total de 46 escritores novos presentaron as súas obras a concurso na 7ª edición do Premio Literario Nortear, unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, da Direção Regional de Cultura do Norte e da AECT da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.

Trala finalización do prazo de presentación dos orixinais na Plataforma Nortear – nortear.gnpaect.eu, o xurado avaliará as obras a concurso e o seu veredicto darase a coñecer durante o último trimestre deste ano. Das 46 obras presentadas, 19 están escritas en galego e castelán e 27 en portugués.

O xurado deste premio será composto por un Presidente, nomeado pola AECT da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, e por Cecilia Fernández Santomé, escritora galega e vencedora da 3ª edición deste premio; Ramón Nicolás, profesor, crítico literario, tradutor e escritor galego; Ana Araújo, Técnica Superior na Divisão de Promoção e Dinamização Cultural da Direção Regional de Cultura do Norte e Carlos Lopes en representación da Editora “Edita-me”.

Os membros do xurado reuniranse na 2ª quincena de setembro, para decidir o vencedor entre os 46 traballos recibidos. Deste xeito, no último trimestre do ano, coñecerase o galardoado que se sumará ás mozas galegas Lara Dopazo, Cecilia Santomé e Sabela Varela e aos tres mozos portugueses, Rui Cerqueira Coelho, Sara Brandão e Célia Fraga, como vencedores deste premio, consolidado como unha referencia para a promoción da mocidade escritora da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

SETE EDICIÓNS DE ÉXITO

O Premio Literario Nortear conta xa con 7 edicións de éxito, sumando aproximadamente 280 obras presentadas a concurso, por mozos e mozas entre os 16 e 36 anos dos dous territorios. Dotado con 3.000 euros, ademais da publicación da obra vencedora, o Premio Literario Nortear procura definirse como un espazo

cultural único e compartido na Eurorrexión. Os seus obxectivos principais son: distinguir anualmente obras literarias orixinais de ambos lados da fronteira, incentivar a produción literaria entre a mocidade galega e portuguesa e favorecer a circulación e distribución de obras literarias entre Galicia e Portugal, para reforzar o diálogo cultural entre os dous territorios.

Esta iniciativa está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER, no ambito do Programa Interreg V A España – Portugal (POCTEP) 2014 – 2020 – Proxecto 0457_GNP_AECT_1_E.

Para máis información:

https://nortear.gnpaect.eu/

gnpaect@gnpacet.eu