Actividades

DESCUBRE

Nortear
e as súas actividades

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal,a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Direção Regional de Cultura do Norte colaboran de forma continuada, promovendo diferentes actividades que teñen coma obxectivo o coñecemento mutuo da cultura, a literatura e a creación artística en xeral, en ámbolos territorios. Búscase impulsar a expansión e o coñecemento do tecido cultural/artístico, así como estimular dinámicas de colaboración entre os axentes culturais deste espazo de cooperación, para convertelo nun polo cultural que se pretende sexa unha referencia en Europa no ámbito da Cooperación transfronteiriza.
Distingue anualmente obras literarias orixinais, promovendo novos talentos e incentivando a creación contemporánea en Galicia e no Norte de Portugal.
Promoven o encontro e a colaboración entre mozos creadores de Galicia e do Norte de Portugal, proporcionando espazos de creación, experimentación e intercambio artístico.
Desenvolvemento de proxectos artísticos innovadores que cruzan diferentes linguaxes e áreas creativas, tomando como base os relatos gañadores das distintas edicións do Premio Literario NORTEAR.
Encontro dedicado á ilustración e á creación visual, que reúne ilustradores de Galicia e do Norte de Portugal nun espazo de creatividade, intercambio artístico e colaboración cultural na Illa de San Simón.
Destacan anualmente autores, sectores ou temáticas culturais relevantes, contribuíndo á difusión e posta en valor do patrimonio artístico e cultural de Galicia e do Norte de Portugal.
Promoven o encontro entre creadores, públicos e axentes culturais, incentivando o debate, o intercambio de ideas e o coñecemento de distintas expresións artísticas e culturais.
Achegan o público aos escritores e aos territorios da Eurorrexión a través de experiencias culturais que conectan literatura, patrimonio, identidade e turismo cultural.
Reúne escritores da Eurorrexión nun espazo de creación, convivencia e intercambio artístico. Os participantes desenvolven proxectos literarios nun contorno que favorece novas conexións entre autores, territorios e linguaxes.
Un encontro anual que reúne profesionais de diferentes ámbitos culturais para compartir ideas, crear redes e impulsar novos proxectos. Este festival promove a cooperación cultural e reforza o diálogo creativo na Eurorrexión.