7ª EDICIÓN DO PREMIO LITERARIO NORTEAR PARA A MOCIDADE ESCRITORA DE GALICIA E DO NORTE DE PORTUGAL

21/12/2020

Un total de 46 escritores novos presentaron as súas obras a concurso na 7ª edición do Premio Literario Nortear, unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, da Direção Regional de Cultura do Norte e da AECT da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.

Trala finalización do prazo de presentación dos orixinais na Plataforma Nortear – nortear.gnpaect.eu, o xurado avaliará as obras a concurso e o seu veredicto darase a coñecer durante o último trimestre deste ano. Das 46 obras presentadas, 19 están escritas en galego e castelán e 27 en portugués.

O xurado deste premio será composto por un Presidente, nomeado pola AECT da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, e por Cecilia Fernández Santomé, escritora galega e vencedora da 3ª edición deste premio; Ramón Nicolás, profesor, crítico literario, tradutor e escritor galego; Ana Araújo, Técnica Superior na Divisão de Promoção e Dinamização Cultural da Direção Regional de Cultura do Norte e Carlos Lopes en representación da Editora “Edita-me”.

Os membros do xurado reuniranse na 2ª quincena de setembro, para decidir o vencedor entre os 46 traballos recibidos. Deste xeito, no último trimestre do ano, coñecerase o galardoado que se sumará ás mozas galegas Lara Dopazo, Cecilia Santomé e Sabela Varela e aos tres mozos portugueses, Rui Cerqueira Coelho, Sara Brandão e Célia Fraga, como vencedores deste premio, consolidado como unha referencia para a promoción da mocidade escritora da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

SETE EDICIÓNS DE ÉXITO

O Premio Literario Nortear conta xa con 7 edicións de éxito, sumando aproximadamente 280 obras presentadas a concurso, por mozos e mozas entre os 16 e 36 anos dos dous territorios. Dotado con 3.000 euros, ademais da publicación da obra vencedora, o Premio Literario Nortear procura definirse como un espazo

cultural único e compartido na Eurorrexión. Os seus obxectivos principais son: distinguir anualmente obras literarias orixinais de ambos lados da fronteira, incentivar a produción literaria entre a mocidade galega e portuguesa e favorecer a circulación e distribución de obras literarias entre Galicia e Portugal, para reforzar o diálogo cultural entre os dous territorios.

Esta iniciativa está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER, no ambito do Programa Interreg V A España – Portugal (POCTEP) 2014 – 2020 – Proxecto 0457_GNP_AECT_1_E.

Para máis información:

https://nortear.gnpaect.eu/

gnpaect@gnpacet.eu

Poden candidatarse ao Premio Nortear todas as persoas con plena capacidade xurídica, nacidas e/ou empadroadas na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos.

O Premio Literario será dedicado a obras orixinais e inéditas, escritas en lingua portuguesa, segundo o novo acordo ortográfico, e en lingua galega, segundo a normativa ortográfica vixente publicada pola Real Academia Galega, e versará sobre o xénero do relato curto, e terá unha dotación económica de tres mil euros (3000 €) para o/a gañador/a.

A presentación das candidatura será online na web da Plataforma Nortear: https://nortear.gnpaect.eu/

Serán admitidas a concurso todas as obras presentadas ata as 23:59 (hora española) do día 30 de xuño de 2021. Cada candidato non poderá presentar máis de dúas obras ao concurso.

Xa está convocada a 7ª Edición do Premio Literario NORTEAR, unha iniciativa conxunta da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Direção Regional de Cultura do Norte que colaboran de forma continuada, promovendo diferentes actividades que teñen coma obxectivo o coñecemento mutuo da cultura, a literatura e a creación artística en xeral, en ámbolos territorios. Búscase impulsar a expansión e o coñecemento do tecido cultural/artístico, así como estimular dinámicas de colaboración entre os axentes culturais deste espazo de cooperación, para convertelo nun polo cultural que se pretende sexa unha referencia en Europa no ámbito da Cooperación transfronteiriza.

Este premio, pretende distinguir, tódolos anos, obras literarias orixinais, co obxectivo de estimular o lanzamento de novos escritores, incentivar a creatividade literaria entre os mozos residentes na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal e promover a circulación e distribución de obras literarias alén fronteiras.

Poden candidatarse ao Premio Nortear todas as persoas con plena capacidade xurídica, nacidas e/ou empadroadas na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos.

O Premio Literario será dedicado a obras orixinais e inéditas, escritas en lingua portuguesa, segundo o novo acordo ortográfico, e en lingua galega, segundo a normativa ortográfica vixente publicada pola Real Academia Galega, e versará sobre o xénero do relato curto, e terá unha dotación económica de tres mil euros (3000 €) para o/a gañador/a.

A presentación das candidatura será online na web da Plataforma Nortear: https://nortear.gnpaect.eu/

Serán admitidas a concurso todas as obras presentadas ata as 23:59 (hora española) do día 30 de xuño de 2021. Cada candidato non poderá presentar máis de dúas obras ao concurso.

CONTACTO

Si necesitas más información puedes ponerte en contacto desde aquí.

Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal

Rua Eduardo Cabello s/n (edificio CETMAR), Bouzas - 36208 Vigo (Pontevedra)-ESPAÑA

Consellería de Cultura, Educación y Universidad de la Xunta de Galicia

Edificios administrativos - San Caetano, s/n - 15781 Santiago de Compostela

Direção Regional de Cultura do Norte

Praceta da Carreira, 5000-560 Vila Real

CONÉCTATE

Redes Sociales

Mantente informado desde nuestras redes sociales de todas las novedades.