40 OBRAS DE GALICIA E DO NORTE DE PORTUGAL PRESENTADAS Á 8ª EDICIÓN DO PREMIO LITERARIO NORTEAR DESTINADO AOS MOZOS ESCRITORES DA NOSA EURORREXIÓN

11/07/20220

É unha iniciativa conxunta da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e da Dirección Rexional de Cultura do Norte. Ten unha dotación financeira de 3.000 €. A obra vencedora será anunciada no inicio do mes de setembro e publicarase en portugués e galego. O premio será entregado durante a próxima feira das industrias culturais de Galicia, Culturgal, que terá lugar en Pontevedra, ao final do ano. O último vencedor foi Pedro Rodríguez Villar con “O amor das Pedras”.

Un total de 40 mozos escritores da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal presentáronse obras á 8ª Edición do Premio Literario Nortear. O certame é unha iniciativa da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e da Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal.

Finalizado o prazo de presentación dos orixinais na Plataforma Nortear (https://nortear.gnpaect.eu/), o xurado, constituído por cinco membros, seleccionados entre representantes das entidades promotoras e personalidades do mundo literario portugués e galego, avaliará as obras a concurso, entre os 40 orixinades recibidos.

O nome do vencedor será coñecido no inicio do mes de setembro. O galardón será entregado na próxima edición da feira de industrias culturais de Galicia, Culturgal, ao final do ano.

O premio literario Nortear ten unha dotación financeira de tres mil euros e contempla a publicación da obra vencedora en galego e en portugués. Distingue anualmente obras literarias orixinais, para estimular o lanzamento de novos escritores, incentivar a creatividade literaria entre os mozos residentes na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal e promover a distribución de obras literarias alén-fronteiras. Poden presentarse tódalas persoas con plena capacidade xurídica, nacidas e/ou residentes na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, entre os 16 e os 36 anos, con obras orixinais e inéditas, escritas en lingua portuguesa, segundo o novo acordo ortográfico, e en lingua galega, segundo a normativa ortográfica vixente publicada pola Real Academia Galega, sobre o xénero do relato curto.

Os sete vencedores nas anteriores edicións foron: Lara Dopazo, Rui Cerqueira Coello, Cecília Santomé, Sara Brandão, Sabela Varela, Célia Fraga e Pedro Rodríguez Villar.

O proxecto Nortear é un polo cultural de referencia na Europa no ámbito da Cooperación transfronteiriza. É cofinanciado polo Programa Interreg V A España – Portugal (POCTEP) – Proxecto 0457_EGNP_AECT_1_E”.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

CONTACTO

Se precisar de mais informações, entre em contacto.

Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal

Rua Eduardo Cabello s/n (edificio CETMAR), Bouzas - 36208 Vigo (Pontevedra)-ESPAÑA

Consellería de Cultura, Eduación e Universidade da Xunta de Galicia

Edificios administrativos - San Caetano, s/n - 15781 Santiago de Compostela

Direção Regional de Cultura do Norte

Praceta da Carreira, 5000-560 Vila Real

CONECTAR

Redes sociais

Mantenha-se informado pelas nossas redes sociais de todas as novidades.