Nortear Ilustrado artella unha residencia creativa na Illa de San Simón

20/09/2019

Eduardo Porto, Fátima Bravo, Fran Bueno e La Platanera participan desta iniciativa ata o día 22

Desde este venres 20 e ata o vindeiro 22 de de setembro, catro ilustradores e ilustradoras de Galicia e Portugal desenvolven unha residencia creativa na Illa de San Simón. A segunda fase do programa Nortear de intercambio cultural entre o noso país e o Alén Miño incorpora con Nortear Ilustrado esta arte ao seu ámbito de actuación. No encontro, Eduardo Porto, Fátima Bravo, Fran Bueno e La Platanera intercambiarán experiencias, desenvolverán obradoiros e experimentarán con técnicas de serigrafía. O resultado destes días de actividade plasmarase nunha publicación e mais nunha exposición á que se irán sumando as producións das próximas xeiras deste evento.

CONTACTO

Se precisar de mais informações, entre em contacto.

Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal

Rua Eduardo Cabello s/n (edificio CETMAR), Bouzas - 36208 Vigo (Pontevedra)-ESPAÑA

Consellería de Cultura, Eduación e Universidade da Xunta de Galicia

Edificios administrativos - San Caetano, s/n - 15781 Santiago de Compostela

Direção Regional de Cultura do Norte

Praceta da Carreira, 5000-560 Vila Real

CONECTAR

Redes sociais

Mantenha-se informado pelas nossas redes sociais de todas as novidades.