Outras actividades Nortear

Intercambio de fondos bibliográficos

Intercambio de fondos bibliográficos destinados a aumentar a sección de lingua portuguesa na Biblioteca de Galicia e a de lingua galega na Biblioteca da Direção Regional de Culturado Norte de Portugal.

Acción que se enmarca nomemorando de entendemento – intercambio de fondos bibliográficos entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e aDireção Regional da Culturado Norte, destinados a aumentar/fortalecer a sección de lingua portuguesa na Biblioteca de Galicia e a de lingua galega na Biblioteca da DRCN. Esta acción pretende fomentar o coñecemento mutuo entre asrespectivas cidadanías; potenciar os valores culturais comúns; promover e difundir a cultura de cada unha das partes; fomentar o coñecemento do patrimonio cultural de Galicia e do Norte de Portugal; dar visibilidade ás culturas propias mediante accións que fomenten ao creación de emprego e, por tanto, que teñan un impacto a medio e longo prazo, e á creación de proxectos comúns de desenvolvemento rexional que se baseen en proxectos europeos.

Culturgal

Na edición de 2019 de Culturgal,Nortear estivo presente na caseta da Xunta de Galicia, con dous obradoiros de ilustración para o público infantil e xuvenil. O primeiro desenvolveuse o sábado, 30 de outubro, e contou coa presenza do ilustrador portugués Bruno Rajão, o día 1 de decembro, o obradoiro estivo a cargo do ilustrador galego Luís Sendón.

Actividades
con apoio Nortear:

IKFEM
- International Keyboard Festival & Masterclass

O IKFEM é o International Keyboard Festival & Masterclass da Eurocidade Tui – Valença, con sede nas dúas beiras do río Miño, que conta coa colaboración da GNP, AECT, a través de Nortear. Este festival ofrece un interesante calendario de eventos musicais e de formación no que se inclúen masterclasses,obradoiros e concertos. O fío condutor do evento é a familia de instrumentos de teclado.

Ademais, o IKFEM fortalece a unión entre a cultura portuguesa e a española, propoñendo un programa artístico que abarca distintos xéneros musicais. Os espazos arquitectónicos máis relevantes da Eurocidade convértense en sedes das actividades do IKFEM, achegando un valor especial ao territorio do baixo e do Alto Miño.

Aritmar

Un proxecto didáctico-cultural, desenvolvido pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, que ten por obxectivo divulgar a música e a poesía galego-portuguesas actuais, e aproximar a cultura e a lingua dos dous países.

Este proxecto busca premiar temas musicais e poemas dos dous lados da fronteira e divídese en catro categorías:

  • Mellor tema musical galego
  • Mellor tema musical portugués
  • Mellor poema galego
  • Mellor poema portugués

Premio Platta de
Teatro Breve en tres linguas

Co obxectivo de estimular a escritura teatral e promover tanto a súa tradución como a súa difusión nos diferentes territorios que configuran a Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador, concédese o PremioPLATTA de Teatro Breve en tres linguas. O premio divídese en tres eventos que se corresponden coa lingua do territorio que acolle cada un dos festivais transfronteirizos: Castela e León (castelán), Galicia (galego) e Portugal (portugués).

Premio Luso-Galaico
Elisa Sousa Pedroso – piano e violín

Extensión do premio portugués (que xa vai pola décima edición) a Galicia. É un concurso dirixido a mozos instrumentistas que busca descubrir, lanzar e promover a novas promesas da música. Está promovido polo Conservatorio Rexional de Música de Vila Real e dirixido a mozos de ata 21 anos. O premio Elisa de Sousa Pedroso busca a promoción do mérito interpretativo, a excelencia dos candidatos de nacionalidade portuguesa, estranxeiros residentes en Portugal e tamén oriúndos de Galicia, rexistrando e difundindo o traballo desenvolvido polos candidatos como forma para contribuír á súa consolidación en diversos escenarios nacionais.

https://nortear.gnpaect.eu/wp-content/uploads/2020/06/AEGNP_Logo.png
https://nortear.gnpaect.eu/wp-content/uploads/2020/07/Sin-título-5.png
https://nortear.gnpaect.eu/wp-content/uploads/2020/06/XUNTA_Logo.png

CONTACTO

Se necesitas máis información podes contactar dende aquí.

Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal

Rua Eduardo Cabello s/n (edificio CETMAR), Bouzas - 36208 Vigo (Pontevedra)-ESPAÑA

Consellería de Cultura, Eduación e Universidade da Xunta de Galicia

Edificios administrativos - San Caetano, s/n - 15781 Santiago de Compostela

Direção Regional de Cultura do Norte

Praceta da Carreira, 5000-560 Vila Real

CONECTAR

Redes sociais

Mantense informado das nosas redes sociais de todas as novas.