AECT da Eurorrexión presenta o Premio Literario Nortear nunha Xornada Técnica online

11/05/20210

Mozos Galegos e do Norte de Portugal son desafiados a desenvolver obras inéditas no campo da ficción literaria

xornada técnica do Premio Literario Nortear desenvolveuse hoxe, en formato online, unha iniciativa desenvolvida conxuntamente entre a AECT da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Direção Regional de Cultura do Norte de Portugal, para  incentivar a creatividade literaria e artística entre escritores mozos e novos creadores, residentes en Galicia e no Norte de Portugal.

Este premio presentado hoxe pretende distinguir, todos os anos, obras literarias orixinais, contribuíndo a estimular o lanzamento de novos escritores e promover a circulación e distribución de obras literarias alén fronteiras.

O Regulamento desta edición

Xosé Lago, Director do AECT da Eurorrexión, explicou o regulamento da presente edición, para a que poden presentar a súa candidatura mozos da rexión Norte de Portugal e de Galicia, de entre 16 e 36 anos. O premio está aberto a obras literarias encadradas no xénero narrativo, subxénero conto, e únicamente aceptaranse obras orixinais e inéditas, escritas en lingua portuguesa ou lingua galega.

O importe de premio é de 3 000 euros e, a maiores, se editarán ata 500 exemplares da obra premiada, en edición bilingüe.

Nesta 7ª edición do Premio, as candidaturas serán presentadas online, a través da Plataforma Nortear – https://nortear.gnpaect.eu. Os candidatos deberán ter en conta a información existente na plataforma (Anexos a presentar) e serán admitidas a concurso tódalas obras presentadas ata o día 30 de xuño de 2021, ata as 23h59 (hora de España).

A Experiencia da primeira vencedora do Premio

Lara Dopazo Ruibal, a primeira vencedora deste Premio coa obra Clementina, salientou a importancia que o mesmo tivo na súa vida coma nova escritora: “este premio colocoume no mapa literario”. Salientou, tamén, a difusión dada a esta acción que permite aos escritores mozos crear pontes entre os dous lados da fronteira e a oportunidade de coñecer outros escritores, a través das Conversas Nortear. Para Lara Dopazo “existe un cruce de coñecementos que nos permite crecer coma escritores. O Premio Literario Nortear permite abrir o mundo literario aos mozos, porque existe unha continuidade de acompañamento nas mais diversas actividades desenvolvidas polas institucións organizadoras”.

¿Qué é Nortear?

NORTEAR é un proxecto de intercambio cultural que ten como eixo a promoción da creación artística e que pretende aumentar o coñecemento e a circulación da cultura por medio de redes colaborativas, grazas ao impulso de diversas actividades. Entre estas actividades, o Premio Literario Nortear é una das iniciativas previstas no marco do memorando de entendemento asinado entre Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, a Direção Regional de Cultura do Norte (Portugal) e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal.

O Nortear foi distinguido en 2019 na categoría de “Mellor Proxecto de Cooperación Transfronteiriza”, do galardón europeo “Sail of Papenburg”, promovido pola Asociación das Rexións Fronteirizas de Europa (ARFE) que distingue estratexias, proxectos, programas e accións no ámbito de cooperación transfronteiriza.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

CONTACTO

Se necesitas máis información podes contactar dende aquí.

Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal

Rua Eduardo Cabello s/n (edificio CETMAR), Bouzas - 36208 Vigo (Pontevedra)-ESPAÑA

Consellería de Cultura, Eduación e Universidade da Xunta de Galicia

Edificios administrativos - San Caetano, s/n - 15781 Santiago de Compostela

Direção Regional de Cultura do Norte

Praceta da Carreira, 5000-560 Vila Real

CONECTAR

Redes sociais

Mantense informado das nosas redes sociais de todas as novas.