7ª EDICIÓN DO PREMIO LITERARIO NORTEAR PARA A MOCIDADE ESCRITORA DE GALICIA E DO NORTE DE PORTUGAL

02/07/20210

46 OBRAS A CONCURSO. O GAÑADOR SERÁ ANUNCIADO NO ÚLTIMO TRIMESTRE DO ANO

Un total de 46 escritores novos presentaron as súas obras a concurso na 7ª edición do Premio Literario Nortear, unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, da Direção Regional de Cultura do Norte e da AECT da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.

Trala finalización do prazo de presentación dos orixinais na Plataforma Nortear – nortear.gnpaect.eu, o xurado avaliará as obras a concurso e o seu veredicto darase a coñecer durante o último trimestre deste ano. Das 46 obras presentadas, 19 están escritas en galego e castelán e 27 en portugués.

O xurado deste premio será composto por un Presidente, nomeado pola AECT da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, e por Cecilia Fernández Santomé, escritora galega e vencedora da 3ª edición deste premio; Ramón Nicolás, profesor, crítico literario, tradutor e escritor galego; Ana Araújo, Técnica Superior na Divisão de Promoção e Dinamização Cultural da Direção Regional de Cultura do Norte e Carlos Lopes en representación da Editora “Edita-me”.

Os membros do xurado reuniranse na 2ª quincena de setembro, para decidir o vencedor entre os 46 traballos recibidos. Deste xeito, no último trimestre do ano, coñecerase o galardoado que se sumará ás mozas galegas Lara Dopazo, Cecilia Santomé e Sabela Varela e aos tres mozos portugueses, Rui Cerqueira Coelho, Sara Brandão e Célia Fraga, como vencedores deste premio, consolidado como unha referencia para a promoción da mocidade escritora da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

SETE EDICIÓNS DE ÉXITO

O Premio Literario Nortear conta xa con 7 edicións de éxito, sumando aproximadamente 280 obras presentadas a concurso, por mozos e mozas entre os 16 e 36 anos dos dous territorios. Dotado con 3.000 euros, ademais da publicación da obra vencedora, o Premio Literario Nortear procura definirse como un espazo

cultural único e compartido na Eurorrexión. Os seus obxectivos principais son: distinguir anualmente obras literarias orixinais de ambos lados da fronteira, incentivar a produción literaria entre a mocidade galega e portuguesa e favorecer a circulación e distribución de obras literarias entre Galicia e Portugal, para reforzar o diálogo cultural entre os dous territorios.

Esta iniciativa está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER, no ambito do Programa Interreg V A España – Portugal (POCTEP) 2014 – 2020 – Proxecto 0457_GNP_AECT_1_E.

 

Para máis información:

https://nortear.gnpaect.eu/

gnpaect@gnpacet.eu

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

CONTACTO

Se necesitas máis información podes contactar dende aquí.

Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal

Rua Eduardo Cabello s/n (edificio CETMAR), Bouzas - 36208 Vigo (Pontevedra)-ESPAÑA

Consellería de Cultura, Eduación e Universidade da Xunta de Galicia

Edificios administrativos - San Caetano, s/n - 15781 Santiago de Compostela

Direção Regional de Cultura do Norte

Praceta da Carreira, 5000-560 Vila Real

CONECTAR

Redes sociais

Mantense informado das nosas redes sociais de todas as novas.