Ata o 30 de xuño os mozos escritores da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal poden presentar os seus relatos curtos para a 8ª edición do Premio Nortear

12/05/20220
GAL

-É unha iniciativa conxunta da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e da Dirección Rexional de Cultura do Norte.

-Ten unha dotación financiera de 3.000 €. A obra vencedora publicarase en portugués e galego.

-O último vencedor foi Pedro Rodríguez Villar con “O amor das Pedras”.

A 8ª Edición do Premio Literario Nortear está aberta ata o próximo día 30 de xuño, para recibir candidaturas procedentes de Galicia e do norte de Portugal.

Os mozos da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal , entre os 16 e os 36 anos, que teñan escrito unha obra orixinal en portugués ou en galego, de cinco mil a oito mil palabras, están aínda a tempo de concorrer ao premio Nortear de relato curto, que ten unha dotación financiera de 3.000 euros, e, aínda, a publicación da obra en portugués e galego.

O premio distingue anualmente obras literarias orixinais, para estimular o lanzamento de novos escritores, incentivar a creatividade literaria entre os mozos residentes na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal e promover a distribución de obras literarias alén fronteiras. Poden presentarse tódalas persoas con plena capacidade xurídica de entre 16 e 36 anos, nacidas e/ou residentes na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con obras orixinais e inéditas, escritas en lingua portuguesa -segundo o novo acordo ortográfico- e en lingua galega -segundo a normativa ortográfica vixente publicada pola Real Academia Galega-, sobre o

xénero do relato curto, e terá unha dotación económica de tres mil euros (3.000 €) para o vencedor e a publicación da obra.

A presentación das candidatura será online na web da Plataforma Nortear: https:// nortear. gnpaect.eu/

Nortear é unha iniciativa conxunta da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Dirección Rexional de Cultura do Norte que colaboran de forma continuada, promovendo distintas actividades co obxectivo do coñecemento mutuo da cultura, a literatura e a creación artística en xeral, en ambos territorios.

Os sete gañadores nas anteriores edicións foron: Lara Dopazo, Rui Cerqueira Coello, Cecília Santomé, Sara Brandão, Sabela Varela, Célia Fraga e Pedro Rodríguez Villar.

O proxecto Nortear é un polo cultural de referencia en Europa no ámbito da Cooperación transfronteiriza. Está cofinanciado polo Programa Interreg V A España – Portugal ( POCTEP) – Proxecto 0457_ EGNP_ AECT_1_E

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *