Informámoslle de que a páxina web www.gnpaect.nortear.eu é propiedade da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal, en diante GNP, AECT, con domicilio en r/Eduardo Cabelo s/n – Edificio CETMAR – 36208, Vigo (Pontevedra), España, con CIF Q15000336A. Esta páxina emprégase para ofrecer información relativa ao proxecto Nortear e ás súas actividades asociadas. Para calquera consulta relacionada coa web, poden utilizar o correo electrónico gnpaect@gnpaect.eu ou o teléfono +34 986 135126.
Os dereitos de propiedade intelectual da información e material gráfico contidos nesta web corresponden en exclusiva aos socios do proxecto Nortear: a GNP, AECT, a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Direção Rexional de Cultura do Norte. A utilización por parte de terceiros está suxeita a previa autorización, citando a súa orixe e propiedade. Calquera utilización á marxe do exposto, incluíndo os fins comerciais ou de calquera outro tipo inadecuados, infrinxen os dereitos da propiedade intelectual. O acceso e utilización da web é responsabilidade única do usuario.
Esta web utiliza cookies para o seu funcionamento, pequenos arquivos que os sitios web descargan no navegador e que se utilizan, de forma anonimizada, para mellorar os servizos ofrecidos (datos de sesión e selección de idioma, por exemplo) e recoller información estatística. En ningún caso estas cookies empréganse para obter datos persoais e o usuario pode deshabilitalas a través do seu navegador.
A información contida na web ten carácter meramente orientativo e non vinculante, é susceptible de modificacións en calquera momento e, en todo caso, non prevalente nin preponderante sobre documentación oficial que deban levar a cabo no DOCE, BOE/BOE, DOG, BOP e outros, nin do disposto no R. d. 208/96, no que se regulan os servizos de información administrativa.
As ligazóns a “webs” de terceiros (” links”) non xeran ningunha responsabilidade á GNP, AECT.
A GNP, AECT advirte que o envío de correo masivo ou non solicitado (“spam”) dirixido a contas de correo electrónico utilizadas na web dará lugar á esixencia da oportuna responsabilidade que houbese lugar ao remitente.
Este Aviso Legal réxese integramente pola lexislación española e serán competentes para a resolución dos conflitos derivados ou relacionados co uso desta web os xulgados e tribunais de Vigo.